Sergio Pena

Entradas populares

Páginas vistas en total

lunes, 26 de enero de 2009

ESTREA DE SEPARACION



BSF INdy Productions comunica o remate da produción da curtametraxe ´Separación´, dirixida por Felipe Neira
26-01-2009

O venres 30 de xaneiro terá lugar a estrea da curtametraxe SEPARACIÓN dirixida por Felipe Neira. O acto será presentado polo ClubE Cultural Valle Inclán no salón de actos da E.U. de Maxisterio de Lugo, a partir das 20h00, con entrada libre. Nel, os produtores do proxecto (Felipe Neira, Boris Hinojo e Juan Araujo) así como os seus protagonistas, presentarán dende diferentes puntos de vista a rodaxe e produción da curtametraxe.

´Separación´ foi rodada en múltiples localidades da cidade de Lugo, así como na finca de Marcelle Natureza e nas instalacións do matadoiro de Frilea en Castro de Rei, sendo os seus protagonistas principais os lucenses Roi Correa e Mauro García, que traballaron sobre o guión de Boris Hinojo. A dirección de fotografía foi levada a cabo por Juan Araujo. Ademais hai que destacar o esforzo da produción non subvencionada, ao empregar un especialista profesional en efectos especiais, Ricardo Spencer, con ampla experiencia e que traballou en diversas longametraxes como Los Lunes al Sol.

Mención aparte, a banda sonora orixinal foi creada polo compositor Sergio Pena, membro da Academia Galega do Audiovisual, con ampla experiencia musical como a súa colaboración nas longametraxes de animación "O bosque animado" e "Soño dunha noite de San Xoan". O tema principal foi creado especialmente para a curtametraxe pola nova banda ourensana Kaleya.

A obra integramente galega pretende mostrar diferentes percepcións do medio natural, poñendo en evidencia a desnaturalización do ser humano influenciado polo ambiente que o rodea.

A curtametraxe contou con múltiples colaboracións, "Fundación TIC", "Lugopress, "Ophiusa Productora de Vídeo - Editorial", "Marcelle Natureza", "Club Clavicembalo de Lugo", "FRILEA", "Spencer SFX", "Columbia Store Lugo", xunto a un grande número de persoas que fixeron posible este proxecto.

E.U. de Maxisterio de Lugo
Avda. de Ramón Ferreiro, s/n.
27071 Lugo
Teléfono: 982285865
Fax: 982285864
Correo electrónico: exbdeca@lugo.usc.es
Web: http://www.usc.es/maxisterio

1 comentario:

Daboec dijo...

Isto parece que ten boa pinta