Sergio Pena

Entradas populares

Páginas vistas en total

martes, 24 de febrero de 2009

Equipo da curta Patient Zero


Cumprimos o noso obxectivo de entregar unha curta acabada en 48 horas!!
O equipo capitaneado polo guionista e produtor Joshua Cohen levóu a cabo todo o proceso dun produto cinematografico neste fin de semana, a parte que me tocóu como compositor tiven que realizala entre as 23h do domingo e as 04 h do luns, posto que o prazo para a entrega remataba ás 24h en horario de Nevada (USA) o que ocorre é que temos 8h de diferencia horaria, ademais eu non era o ultimo eslabón da cadea ainda había que misturar o son da bso, dialogos e ambientes e subir a peli á web da organización. Para mais desafio o equipo de rodaxe perdéu varias horas por mor do celo profesional dun segurata que detivo a gravación ata que se aclaróu a situación coa asistencia da policia.
Toda unha experiencia a de participar en Almost Famoust Film Festival

sábado, 21 de febrero de 2009

Esta fin de semana en Almost Film Festival (USA)


Esta fin de semana estaréi inplicado nun proxecto no que hai que realizar unha curta en 48 h. Tratase dunha colaboración co guionista de Las Vegas Joshua Cohen, a verdade é que o guión encantóume e a pesar do desafio que supón escribir e gravar música cunha diferencia horaria de 8 h. pode ser unha experiencia inolvidable, o mellor de todo é que haberá premio para a mellor curta.

www.theA3F.net

Ciclo Alber Ponte en Flocos TV


Esta fin de semana... en Flocos TV: Ciclo Alber Ponte

Esta fin de semana, o cineclube do audiovisual galego achega ao público unha selección de curtametraxes dirixidas por Alber Ponte, o curtametraxista galego é un dos máis prolíficos do mundo. Ante este dato incontestábel Flocos TV non podía deixar pasar a oportunidade de dedicarlle un ciclo a Alber Ponte, un ciclo do que estamos seguros non será o primeiro.

Alber Ponte está considerado como o mais prolífico director de curtametraxes de España (46) e o segundo de Europa, por detrás dun islandés que xa sobrepasa os cincuenta. As súas pequenas pezas teñen acadado numerosos premios e recoñecementos en multitude de festivais estatais e internacionais. Recentemente o festival de Regesburgen (Alemaña) recoñeceu a súa dilatada traxectoria cunha retrospectiva a e a publicación dun libro sobre a súa obra.

Entre as pezas que colgarán de flocos nesta fin de semana están: Unha luz encendida (Primeiro Premio no Festival Internacional de Bruselas) , El origen del problema (Gran Premio do público no festival de Clermont-Ferrand), Rosita y jacinto ou Pernambuco. Todas elas contan con magníficas interpretacións de grandes actores galegos, como Nancho Novo, Luis Tosar, Luis Zahera, Fran Grela ou Camila Bossa.

miércoles, 11 de febrero de 2009

Links Musica Cine


O pasado sabado 7 dentro do curso que organiza a asociación Verea en Vedra, fun invitado por Alber Ponte a dar unha pequena charla sobre musica para cine, teño que recoñecer que se me fixo escaso o tempo disponible, pero sen embargo foi dabondo para mostrar unha idea xeral do tema, o interese amosado polo alumnado fixome reflexionar sobre a posibilidade de realizar un mini curso sobre a música no audiovisual enfocado a directores e realizadores, para levalo á práctica so se precisa un marco adecuado.

Como prometín aos alumnos do curso de curtametraxes que asistiron á charla:

http://www.asociacionverea.org/
http://www.mundobso.com/terminos.htm
http://www.filmmusicmag.com
http://www.axenciaaudiovisualgalega.org/
http://www.teoria.com/reference/index.htm
http://www.allaboutjazz.com/
http://www.filmscoremonthly.com/

BIBLIOGRAFIA

La música en el cine………....Michel Chion
La audivisión……………….....Michel Chion
Atlas de música……………....Editorial Alianza
Música para la imagen……....José Nieto
On the track………………......Fred karlin-Rayburn Wright
Film music a neglected art….Roy Pendergast